A III Festa do Cocido de Porco Celta celebrarase o 11 de abril de 2026 no Pavillón da Barrela, en Carballedo (Lugo), nunha xornada que volverá reunir gastronomía, tradición e ambiente festivo na Ribeira Sacra.
O evento contará co noso cocido de Porco Celta como gran protagonista, elaborado con produto propio e acompañado por ingredientes da nosa horta ecolóxica certificada. O menú incluirá picoteo ao centro da mesa (chourizo, salchichón, xamón e empanadas tradicionais), sopa, cocido completo con repolo ecolóxico, viño D.O. Ribeira Sacra e sobremesas como requeixo artesán con mel IXP Mel de Galicia e tarta de améndoa.
A xornada formarase dentro da III Mostra de Artesanía da Ribeira Sacra, e tamén contará coa tradicional Festa do Cabalo e animación musical popular, creando un ambiente pensado para pasar o día enteiro en Carballedo.
Un evento que medra cada ano e que volve poñer en valor o noso modelo: do campo á praza, da crianza á mesa.