cabeceira_gal

Tres Fuciños

cooperativa de pequenos produtores de porco celta

onde estamos

As explotacións de Tres Fuciños atópanse espalladas por toda Galicia, funcionando como unha rede que nos permite dispoñer de medios e pautas comúns, pero que ao mesmo tempo aproveita os recursos locais específicos de cada zona, especialmente os recursos alimentarios (landra, castaña, remolacha,…).

Esta localización distribuída posibilita que todas as persoas interesadas poidan observar de primeira man o noso xeito de criar o noso porco autóctono e ver as contornas nas que esta se desenvolve, achegándose en persoa a elas.Se queres achegarte e visitarnos, contacta con nós