cabeceira_gal

Tres Fuciños

cooperativa de pequenos produtores de porco celta

sustentabilidade e saúde

sustentabilidade ambiental

O réxime semiextensivo e o silvopastoreo do gando porcino foi desaparecendo paulatinamente de Galicia canda o Porco Celta. En consecuencia, un dos actores implicados “de seu” na limpeza dos montes, especialmente na proximidade de zonas habitadas, deixou de contribuír ao coidado natural e sostible da contorna agroforestal galega.

Con cada explotación que se suma a Tres Fuciños, amplíase unha rede asentada de núcleos de actividade no rural que, á vez que fan unha extracción rendible dos recursos do monte, funcionan como pequenos curtalumes naturais e sostibles nas áreas por onde se moven os porcos. Á vez, co réxime semiextensivo minimízase a problemática do tratamento dos xurros e do seu filtrado ao solo, presente na maioría das nas granxas de produción intensiva.

consumo saúdable

A cría tradicional e semiextensiva dos nosos porcos celta achega unha alta proporción de ácidos graxos insaturados á graxa destes animais, que a fan cardiosaludable. A súa rusticidade e adaptación ao terreo e ás condicións da contorna, supoñen así mesmo que os produtos de porco celta estean practicamente exentos de problemáticas coa alerxia alimentaria.

Por outra parte, nas explotacións de Tres Fuciños non empregamos antibióticos durante o proceso de crecemento dos nosos animais.